Pastel de uvas con cobertura de manteiga
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/estache-bo-vi-672-pastel-de-uvas-con-cobertura-de-manteiga-5325470
Hoxe Rafa Durán visitará a Diego de Adega Cume do Avia en Ribadavia para recoller Uva blanca e poder realizar un gran pastel de uvas con cobertura de manteiga.
Ingredientes:
Para o pastel:
- 1 kg de uvas
- 200 gr. de fariña
- 4 ovos
- 1 sobre de lévedo
- 2 culleradas de Pedro Ximénez
- ½ cunco de leite
- 150 gr. de azucre
- Manteiga e fariña para o molde
Para a cobertura de manteiga e froitos secos:
- 250 gr. de manteiga sen sal
- 250 gr. de azucre glas
- 1 cullerada de azucre de vainilla
- A reladura de medio limón
- Unha presa de pipas de xirasol
- Unha presa de améndoa torrada picada
- Un par de culleradas do leite
Para o empratado:
- Azucre moído e un acio de uvas
Elaboración:
En Estache Bo! a uva usámola na sobremesa facendo un pastel onde temos que mesturar a fariña, o lévedo, o azucre, e os ovos. Incorporamos o leite e o viño. Vertemos sobre un molde engraxado e asentamos as uvas.
Enfornamos 40 minutos a 180 grados, mentres nunha amasadora mesturamos a manteiga co azucre, a reladura dun limón e o leite. Cando o pastel estea morno cubrimos coa cobertura e máis cos froitos secos. Empratamos e listo para comer…!!!
Como sempre, Xoanqui contará coa fantástica presenza de A veciña, Isabel Villanueva.
この記事が気に入ったらチップで応援してみませんか?