見出し画像

Raxo con arroz e queixo do Cebreiro

Ingredientes:

- 200 gr. de arroz bomba - 1 kg. de raxo de porco - 1 allo porro - 1 cullerada de tomiño - 1 dente de allo - Aceite de oliva - 1litro de caldo de carne

Para o queixo: - 200 gr. de queixo do Cebreiro - 2 culleradas de piñóns torrados - 1 cullerada de ourego fresco - 1 chisco de pemento picante - Perexil fresco - cebola frixida

Elaboración: Hoxe temos un queixo digno de reis. Nunha paella rustrimos o raxo, o allo porro, o allo, o tomiño e o tomate concentrado. Incorporamos o arroz e o caldo, e deixamos cocer uns 15 minutos. Nun cunco mesturamos o queixo desfeito cos piñóns torrados, o ourego, o pemento e o perexil. Incorporamos a mestura do queixo ao arroz. Enfornamos a 200 graos durante 4 minutos. Empratamos e listo para comer…!!! Ademais, contaremos coa visita de Isabel Villanueva cun veciconsello de beleza. Unha mascarilla coa auga de cocción do arroz.


ここから先は

377字
この記事のみ ¥ 300
期間限定 PayPay支払いすると抽選でお得に!

この記事が気に入ったらサポートをしてみませんか?