見出し画像

Tortilla aberta de percebes

Tortilla aberta de percebes

Ingredientes:

Para a tortilla: - Ducia e media de percebes - 75 gr. de correa - 1 dente de allo - 1 cullerada de perexil fresco - 1 cullerada de ceboliño picado - 3 culleradas de viño Ribeiro - 5 ovos - 1 chile - Sal e pementa - Aceite de oliva

Para os percebes cocidos: - O resto dos percebes - Auga - Sal - Un pano limpo

Elaboración:

Hoxe arrancamos cunha tortilla aberta de percebes pero tamén, ímolos cocer. Nunha pota con auga salgada fervendo, incorporamos os percebes. Cando a auga comece a ferver outra vez, retirámolos, escoámolos e tapámolos cun pano. Para a tortilla, rustrimos lixeiramente o allo, o perexil, o ceboliño, o chile e as algas. Engadimos media cunca de viño branco. Cocemos os percebes ao vapor deste viño durante 2 ou 3 minutos aproximadamente. Retiramos os percebes da auga e da súa camisa, e reservamos. Engadimos os ovos batidos á tixola, colocamos os percebes enriba, deixamos callar o ovo con todo o conxunto, empratamos e listo para comer…!!!


ここから先は

433字
この記事のみ ¥ 300
期間限定 PayPay支払いすると抽選でお得に!

この記事が気に入ったらサポートをしてみませんか?