見出し画像

Estache bo! 2021.10.27

Pan de Ousá recheo de año e queixo de Friol

Ingredientes:

1 bolo de pan de Ousá ½ queixo de Friol Para o recheo do año: 500 gr. de carne de año picada ½ litro de caldo de carne 1 cebola moi picada 2 dentes de allo 1 tomate relado 1 culler de salsa de soia 1 atado de herbas aromáticas Perexil fresco Sal e pementa Aove

Para a tapa do bolo: 2 dentes de allo Perexil fresco Aceite de oliva

Elaboración: Hoxe o pan de Ousá pasa dúas veces polo forno. Nunha tixola rustrimos a lume forte a cebola, o allo e a carne. Incorporamos o atado de herbas, a salsa de soia e o tomate relado. Correximos o espesor con caldo de carne e deixamos cocer uns 5 minutos. Baleiramos o pan, enchémolo co rustrido e tapámolo con queixo de Friol. Gratinamos, empratamos xunto coa tapa do pan con mollo de allo e perexil, e listo para comer…!!!

ここから先は

396字
この記事のみ ¥ 300
期間限定 PayPay支払いすると抽選でお得に!

この記事が気に入ったらサポートをしてみませんか?