見出し画像

Empanadillas de caracois con salsa de chourizo

caracois

Ingredientes:

- Caracois - Un atado de herbas aromáticas - 1 ovo - Sementes de sésamo

Para a salsa de chourizo: - 2 chourizos para cocer - 200 gr de xamón - 2 cebolas - 1 allo porro - 2 tomates maduros - 2 dentes de allo - 1 chile - 1/2 cunca de viño branco - 1/2 cunca de caldo de carne - Aceite de oliva - Sal e pementa

Para o caldo de carne: - Ósos de tenreira - 1 carcasa de polo - 1 cebola - 1 cenoria - 1 tomate maduro - A parte verde do allo porro

Elaboración:

Caracois, o rustrido perfecto para facer unhas empanadillas. Para facer a masa mesturamos a fariña co aceite, o sal, a agua e o viño. Preparamos as obleas e reservámolas. Cocemos os caracois cun atado de herbas aromáticas despois do proceso de limpeza, durante unha hora. Nunha tarteira, rustrimos as verduras e o chourizo. Incorporamos o viño e o caldo, e deixamos cocer 15 minutos. Engadimos o xamón e os caracois. Cocemos uns minutos máis ata que teñamos a textura da zaragallada. Montamos as empanadillas, pintámolas con ovo, enfornamos durante 25 minutos a 180 graos, e listo para comer…!!!


ここから先は

513字 / 2画像
この記事のみ ¥ 300

この記事が気に入ったらサポートをしてみませんか?