見出し画像

Estache bo! 2021.11.9

Osobuco 'Thai' con Wok de verduras

Ingredientes:

• 4 osobucos • 1/2 litro de caldo de carne • 1 cebola vermella • 2 froitos de anís estrelado • 1 cullerada de azucre moreno • Zume dunha lima • 1/2 cunca de tomate frito • 2 culleradas de mostaza • 1 dente de allo • 1 noz de xenxibre fresco • 1 chile

Para rebozar os osobucos: • 2 culleradas de fariña de trigo • 1 culleriña de canela • 1 culleriña de pemento picante

Para o wok de verduras: • 1 cenoria • 1 pemento verde • 1 pemento vermello • Salsa de soia • 1 presa de cacahuetes • Aceite de sésamo • Coandro fresco

Elaboración: Non temos que viaxar a Thailandia para desfrutar dos seus sabores. Salpementamos e enfariñamos os anacos de carne, marcámolos ben e incorporamos as verduras, as especias e o tomate. Cubrimos con caldo e deixamos cocer 40 minutos. Nun wok en aceite de sésamo salteamos a cenoria cos pementos, incorporamos os cacahuetes e a salsa de soia. Empratamos as verduras co osobuco de vaca, coandro e cebola fresca. E listo para comer…!!!

ここから先は

434字
この記事のみ ¥ 300

この記事が気に入ったらサポートをしてみませんか?