見出し画像

Estache bo! 2021.11.3

Torta de chourizo con masa filo

Ingredientes:

• 3 ovos

Para a pasta: • 6 follas de masa filo • Manteiga derretida • Sal e pementa • 2 culleradas de ourego

Para o pisto: • 1 cebola moi picada • 1 allo porro • 2 dentes de allo • 1/2 pemento vermello • 1/2 pemento verde • 1 berenxena • 1 cenoria • 1 cunca de tomate fritido • AOVE • Sal e pementa • 2 chourizos moi picados • 1 chourizo en liscos

Elaboración: Cun bo chourizo galego podemos facer cousiñas ricas coma esta. Facemos un pisto rustrindo lixeiramente a cebola, os pementos, a cenoria, o allo e a berenxena. Salpementamos e engadimos dous chourizos moi picados. Incorporamos o tomate e cocemos cinco minutos máis. Montamos cinco capas de masa filo incorporando entre elas sal, pementa e ourego. Montamos a torta, engadimos 3 ovos, enfornamos 15 minutos a 180 graos. E listo para comer…!!!


ここから先は

392字
この記事のみ ¥ 300

この記事が気に入ったらサポートをしてみませんか?