Pementos de arnoia recheos de Brandada
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/pementos-de-arnoia-recheos-de-brandada
O noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Cortegada, a Milucha, para recoller pementos de Arnoia. Este produto servirá para realizar a receita de hoxe, que fará o noso chef Xoanqui Ameixeiras cunha pequena axuda de Isabel, a súa veciña.
Elaboración:
Outro xeito de comer os pementos de Arnoia é enchelos de bacallau. Cocemos as patacas no microondas e reservamos. Para a salsa de pemento rustrimos a cebola e o allo, incorporamos o pemento, o leite evaporado e salpementamos.Pasamos polo brazo batedor e reservamos.
Para a brandada, aromatizamos unha cunca de aceite de oliva virxe con catro dentes de allo. Confeitamos o bacallau e reservamos este aceite. Emulsionamos o bacallau ben limpo de espiñas e peles, co aceite e leite morna. Mesturamos coa pataca cocida e machucada, coas olivas negras e co perexil.
Enchémolos pementos, cubrímolos coa salsa, e enfornámolos durante 20 minutos a 200 graos. Empratamos e listo para comer…!!!
この記事が気に入ったらサポートをしてみませんか?